Provided by: kdesdk-scripts_23.08.5-0ubuntu1_all 

NOME
pruneemptydirs - Detecta directorios de fontes que estexan obsoletos nunha árbore de CVS
SINOPSE
pruneemptydirs [-f]
DESCRICIÓN
prunermptydirs é usado para limpar unha árbore CVS local. Detecta directorios que conteñan restos de
cousas obsoletas que fosen eliminadas do CVS. Estes directorios a miúdo estragan a compilación.
Examinanse o cartafol actual e todos os seus subcartafoles.
Lembre que esta ferramenta non borra nada; simplesmente imprime o que debe facer como unha serie de
comandos de borrado. Pode copiar e apegar estes comandos ou usalos con "eval" nun guión.
Esta ferramenta traballa mellos se o directorio das fontes non é o mesmo que o de compilación, xa que non
imprimirá os directorios que conteñan executábeis vellos.
Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.
OPCIÓNS
-f
Fai os borrados non cando de só imprimilos. Use esta opción con moito coidado.
AUTORES
pruneemptydirs foi escrito por David Faure <faure@kde.org>
Esta páxina de manual foi elaborada por Ben Burton<bab@debian.org>
AUTOR
Ben Burton <bab@debian.org>
Autor.
[FIXME: source] 8 de abril de 2003 PRUNEEMPTYDIRS(1)